Praia de Nemiña

  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña
  • Praia de Nemiña

[ESCOITA A AUDIOGUÍA PRAIA DE NEMIÑA]

Nemiña é unha praia internacional na que dende hai anos se reúnen os amantes do surf e do bodyboard de toda Europa, sobre todo alemáns e franceses. Tamén, cada vez máis, veciños da zona. Todo o ano, cando as condicións de vento, ondada e marea son favorables, arredor das tres da tarde pódense ver coches a carón dunha das entradas. E na auga, sobre as ondas, dous, tres, decenas ou medio cento de pequenas figuras negras.  

No verán, esta é unha praia moi concorrida. En marea alta está dividida en dous tramos por un saínte de terra e pedra. A zona máis próxima á aldea e ás suaves formas dos campos de cultivo, é máis frecuentada polos bañistas e as familias. A seguinte zona, énchese sobre todo de afeccionados ao surf. Na época estival, tampouco é raro ver cruzar pola praia peregrinos procedentes de Fisterra polo “Camiño da Costa” para acabar a súa peregrinación na vila da Barca.  

Na longa listaxe de miradoiros naturais que ten o concello de Muxía para ver morrer o sol, non pode faltar Nemiña. Desde a mesma explanada de area branca e fina ou desde o alto das dunas que discorren por detrás da praia, a panorámica é espectacular.  

Compartes con nós as fotos que saques? En Facebook, Flirck ou Panoramio!

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía