Cabo Touriñán

[ESCOITA A AUDIOGUÍA CABO TOURIÑÁN]

Dúas veces ao ano, a principios da primavera e finais do verán 
ata o equinoccio de outono, o cabo Touriñán convértese no finis solis. A posición natural desta punta de terra que se introduce impasible no océano Atlántico convérteo no lugar por onde desaparece o sol na Europa continental. 

Uns dous meses e medio ao ano para gozar dunha simbólica posta de sol neste salvaxe tramo da Costa da Morte. Entre o 21 de marzo e o 25 de abril ou do 13 de agosto ao 22 de setembro.

Merece a pena dar un paseo polos arredores. Sinte a curiosa sensación de estar pisando un chan de herba mol, case acolchado, e sobre as rochas vai con coidado de non esvarar. 

Se ademais che cadra de vir aquí con marea baixa, ao mellor ves aparecer algún percebeiro coas capturas do día. Mira en dirección a Nemiña e fíxate na illa do Castelo. A auga deixa ao descuberto unha lingua de area que a une a terra. Non se che parece á illa do Monte Saint-Michel en Francia?


Touriñán desde o Coído de Cuño


Aproveita para quedar ata os límites do lusco fusco e ver acender a lanterna do faro sentado nunha rocha mentres ves como os pescadores marchan cos seus sargos. Se che cadrou de mirar cara ós baixos dos cantís, sentirías vertixe ó descubrilos tan concentrados coas súas canas a só uns setenta metros de altura de onde baten as ondas.   

Outro día con máis tempo e luz natural, tamén podes continuar ata o seguinte destino desta ruta pola senda litoral que une cabo Touriñán con Nemiña. Era un antigo camiño de percebeiros.   

Imos cara á Nemiña para finalizar esta ruta!

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía