Secadoiro de congro da Pedriña

  • Secadoiro de congro da Pedriña
  • Secadoiro de congro da Pedriña
  • Secadoiro de congro da Pedriña

[ESCOITA A AUDIOGUÍA SECADOIRO DE CONGRO DA PEDRIÑA]

Se tes a sorte de chegar a onda o secadoiro da Pedriña cos congros colgados a curar ao sol, a primeira visión sorprende. De lonxe, parece que o que penden das cabrias son pequenas redes, algo máis grosas do habitual. Achegándote un pouco, daraste conta de que en realidade son grandes pezas de peixe, de congro, dun cor claro ou alaranxado. Evita tocalas xa que esta é unha actividade privada. O congro seco é un producto que se comercializa para a súa venta e consumo.  

O proceso de secado do congro é artesanal. Límpase, lávase con auga de mar, e córtase á metade en sentido lonxitudinal. Esta operación chámase “lañar”. O último paso, antes de colgalo nas cabrias –nestas estruturas de madeira- é facerlle os furados en toda a peza en sentido horizontal á espiña dorsal. Debaixo de cada dous, un para que a carne seque ben e non cerre.  

Se o vento sopra, as pezas de congro moveranse como sabas colgadas nun tendal. A visión desta escena é fantástica! Incluso ule un pouco máis a mar!

Mira cara á fronte e diríxete á praia de bolos que ves na distancia. Alí está a praza do Coído, a última parada desta ruta pola vila.

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía