Secadoiro de congro dos Cascóns

  • Paseo marítimo
  • Secadoiro de congro dos Cascóns
  • Secadoiro de congro dos Cascóns
  • Igrexa de santa María
  • Igrexa de santa María
  • Camiño cara á igrexa de santa María

[ESCOITA A AUDIOGUÍA SECADOIRO DE CONGRO DOS CASCÓNS]

Xusto aos pés da igrexa parroquial de Santa María, de estilo gótico mariñeiro, e desde este paseo que bordea o mar, tes unha boa vista da ría de Muxía-Camariñas.   

Do outro lado da costa, está a vila de Camariñas, a capela da virxe do Monte e o impoñente cabo Vilán. Mira á esquerda. Distingues a desembocadura do río Grande? Fíxate na cor da auga. O branco resplandecente salpicando a costa son as nosas praias: Leis, O Lago, Os Muíños, Area Maior,...  

A estrutura de paus cruzados que ves ao pé dos cantís, en liña co cartel que pon “Secadoiro de congro” son cabrias. Utilízanse para colgar este gran peixe e deixalo secar e curar ao vento e ao sol de Muxía.  

Os secadoiros de congro de Muxía son os únicos en funcionamento de toda España. O seu método de produción é artesanal. Na vila chegou a haber tres e hoxe quedan dous, o Secadoiro dos Cascóns, que ves de fronte, e o Secadoiro da Pedriña, cerca da praza do Coído, na parte occidental da península. Despois de lavar, “lañar” e preparar o peixe, as pezas cheas de buratos estratexicamente situados para que a carne seque e non cerre, expónse ao sol e ao vento de Muxía colgadas nas cabrias. O tempo que permanezan alí dependerá das condicións climatolóxicas.  

Sigue este paseo pola beira da ría ata o santuario da Virxe da Barca.

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía