Camiñando cara ó mar

O tempo segue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan

A Costa da Morte sempre foi inicio ou fin de rutas. Máis aló das pegadas que deixamos no camiño, Muxía é comezo e remate de experiencias que transcenden ao humano e ao divino.   Muxía recibiu e recibe a innumerables viaxeiros que bican o Atlántico neste punto da Costa da Morte. Moitos, a inmensa maioría, permanecen no anonimato como cada unha das ondas que baten na punta da Buitra ou desaparecen na furna da Buserana. A todos eles, a todos vós, queremos darvos a benvida no novo espazo de recepción de visitantes situado xusto na entrada de Muxía, no Miradoiro da Cruz.

Unha fermosa panorámica da vila e das praias bañadas pola ría de Muxía – Camariñas acompañaravos mentres coñecedes os contidos do proxecto “Muxía. Camiñando cara ó mar”. Este é un gran contedor acristalado –construído co materiais sostibles- no que, antes de experimentar todo o que vos ofrece este pobo mariñeiro, os visitantes podedes coñecer as claves da riqueza natural, paisaxística, marítima e gastronómica deste territorio de solpores eternos. Entre eles, o de cabo Touriñán onde dúas veces ao ano se ve afundirse no Atlántico o último raio de sol da Europa occidental.

Neste espazo de recepción de visitantes tamén poderedes coñecer as tres rutas sensoriais que percorren o litoral do concello coa axuda das novas tecnoloxías. Ao longo dos tres itinerarios hai colocadas unha vintena de códigos QR que conducen directamente á nosa páxina web, dando acceso a información multimedia que vos axudarán a interpretar o que vedes con só usar un teléfono intelixente (Smartphone).

O proxecto "Camiñando cara ó mar"

"Muxía. Camiñando cara ó mar" é unha acción de dinamización turística promovida polo Concello de Muxía e cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Grupo de Acción Costeira zona 3 - Costa da Morte (GAC 3).

A través del quérese dar a coñecer Muxía como un destino de turismo experiencial arredor dos recursos mariños que pretende poñer en valor o turismo, a gastronomía, os recursos locais náuticos-recrativos, culturais e a biodiversidade da zona de Muxía.

A todas as persoas que colaboraron na posta en marcha e no desenvolvemento deste proxecto queremos darlles tamén as grazas pola súa inestimable axuda.

Descargas

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía