O porto

Barca no porto de Muxía

A Muxía mariñeira foi unha Muxía pobre. Vivíase moi precariamente porque nos límites da vila non había terras para cultivar nin recoller leña. A Muxía moderna e de maior esplendor económico apareceu sobre todo a partir dos anos 60 cando se descubriu un importante e rico caladoiro, o do Canto. Nel pescáronse especies de moita aceptación no mercado como ollomol, pescada, dourada… Esta riqueza permitiu o desenvolvemento urbano e viario dando lugar á Muxía actual.

Aos barcos de pesca sumáronse nos últimos anos numerosas embarcacións de recreo que amarran no peirao do porto deportivo.

Capturas e artes de pesca

Escollendo percebe

“Aquí pódese pescar de todo”, conta Xosé Búa, mariñeiro muxían desde o ano 80. “Moitas veces non sabes nin que é o que che vén no aparello porque na zona de Touriñán conflúen as principais correntes oceánicas, a de Humboldt, a de Groenlandia e a que vén de Ciudad del Cabo. Tanto podes coller unha maruca como unha gorbina.” O principal foco de venta das capturas locais é a lonxa da Coruña. 

Pincho. Muxía foi tradicionalmente un porto moi importante de pesca con pincho (pesca con anzol) e tiña unha das flotas máis importantes de España dedicada a esta actividade. Ata o 1985 ocupou o primeiro posto de capturas de pescada de España. A pescada é a primeira captura de pincho e entre especies secundarias atópanse: ollomol, palometa, escacho, xurelo, lirio, mero ou congro.

Pesca de baixura. 
Dedícanse aos miños (redes) e ás nasas (aparello).
· Miños: acedía (similar ao ollomol), ollomol, peixe sapo, xuliana.
· Nasas: centolas, bois, lumbrigante, nécora, polbo.

Flota de arrastre. As capturas son variadas, aínda que as especies obxectivo son lirio, xarda e xurelo.

Agrupacións sectoriais. Dedícanse ao percebe, a navalla e ao longueirón. Hai tamén un plan conxunto co resto das confrarías da Costa da Morte para a extracción do ourizo.

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía