Muxía é todo mar

A vila de Muxía nace da autorización dos monxes do mosteiro de Moraime (s. XI), pero pouco a pouco vai collendo autonomía e vida propia aproveitando ao máximo o recurso máis próximo: o mar.

As primeiras casas deste pobo mariñeiro instaláronse ao abrigo do monte Corpiño e cerca da praia das Lanchas para protexerse dos ventos, sobre todo do nordés que pasa impasible por esta península.

Moraime, o mosteiro do mar

O recinto no que se atopa a igrexa de Moraime, como nos conta o antropólogo Manuel Vilar, estivo habitado dende a Idade de Bronce, época da que se conserva unha mámoa. A primeira etapa de esplendor chega durante o asentamento romano, o que puido ser unha vila. A súa óptima situación ao lado do mar, pero protexida del, e non moi visible desde a costa para evitar os ataques inimigos, favoreceu o desenvolvemento dun centro comercial importante debido tamén a unhas boas comunicacións marítimas. 

Tras o paso dun pobo xermánico, unha congregación bieita exerceu o poder xurisdiccional desde Moraime entre os s. XI e XIII e sobre a Terra de Nemancos (que abrangue desde Fisterra a Vimianzo). Ademais de autorizar a ocupación da que sería a vila de Muxía, “os monxes deciden crear o santuario da Barca e a lenda para darlle prestixio ao territorio que eles estaban controlando”, asegura Vilar Álvarez que tamén é autor do estudo “Moraime. O tesouro escondido da Costa da Morte”.

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía