Deportes náuticos

Todo o litoral de Muxía é un espazo máis que axeitado para a práctica de numerosas actividades deportivas e de lecer relacionadas co mar.

Cada ano, son millerios de afeccionados ao surf e ao body board, de toda Europa e tamén veciños da zona, os que converten a praia de Nemiña nun lugar de encontro internacional. A popularidade do areal é tal que incluso hai tendas de surf en Alemaña nas que o elemento principal da súa decoración é unha gran foto de Nemiña.

Os pescadores deportivos son os outros habituais sobre as rochas do litoral muxián. Con marea baixa, á tardiña e sobre todo nas fins de semana, é moi fácil velos lanzando as súas cañas onda a punta da Barca, no coído de Cuño, nos cantís de cabo Touriñán,...  

En xeral, son moitos os deportes náuticos que se poden practicar no litoral e no mar Muxía de forma individual ou como parte dun clube federado e con vistas á competición. Todos son escenarios de gran beleza nos que poñer a proba a capacidade física e mental, pero tamén nos que atopar momentos de relaxación para o espírito. 

¿Atréveste a probar co mergullo, co kaiak de mar, co remo de mar, co mergullo libre, coa pesca submariña? ¿Ocórreseche algunha outra posibilidade? ¡Cóntao nas redes sociais de Camiñando cara ó mar!

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía