Personaxes ilustres

Ramón Caamaño Bentín (1908 -2007), xunto con Gonzalo López Abente  (1978 -1963), son os dos dous persoeiros máis relevantes da vida cultural de Muxía.

Ramón Caamaño, o fotógrafo de Muxía

Ramón Caamaño, foto cedida por Chete Pose

Grazas a este muxián perfeccionista, de gran memoria, apaixoado polas postas de sol e polo seu traballo, as imaxes das xentes, das paisaxes, das festas, das tradicións e da vida cotiá da Costa da Morte espalláronse dentro e fóra da xeografía galega. A vida da vila de Muxía e da súas xentes están inmortalizadas para sempre.   

O seu legado suma moitas máis de cincuenta mil imaxes que custodia o seu xenro, Chete Pose González. Co paso do tempo, as súas fotos, tomadas a partir de 1924, convertéronse en documentos importantes para deixar mostra gráfica da historia deste territorio. A súa obra é tamén un repaso á historia da fotografía rural. As primeiras postais de Muxía, e de Corcubión –vila na que viviu- foron feitas por el e coloreadas a man. A día de hoxe son moitas as peticións que recibe o gardián do seu legado para usar este material en exposicións e mesmo teses.  

“Sempre ía coa cámara a todas partes”, aínda cando estaba retirado, conta Pose González. Entre este inmenso patrimonio hai fotos dos anos 20 que se atopan en perfecto estado de conservación. “Ao mellor, antes da copia definitiva facía unha ou dúas probas. Non lle choraba o material”, continúa. A súa memoria privilexiada tamén lle permitía ver un negativo e relatar o nome e a procedencia do retratado. Incluso as fotos de bebés. Gran documentador visual, tamén mantiña correspondencia “por números” con fotógrafos de todo o mundo.

Varias son as publicacións e escritos sobre a obra de Ramón Caamaño. Os primeiros incluso foron custeados por el mesmo como un libro de postais ou un álbum de retratos, dos que xa non quedan exemplares á venda. O historiador local Xan Fernández Carrera elaborou en 1999 a biografía “Ramón Caamaño, Historia Viva da Costa da Morte”, na que reflicte toda a vida deste ilustre fotógrafo.

López Abente, o poeta do mar

Fundación López Abente

Muxía ten sempre presente a Gonzalo López Abente, natural da vila e emparentado por vía materna co bardo bergantiñán Eduardo Pondal Abente. Entre os seus contemporáneos das Irmandades da Fala (movemento político e social) foi coñecido como o “poeta do mar”. De feito, un dos seus poemas máis coñecidos leva por título "O meu mar".

Na entrada da vila atópase o monumento inaugurado en 1971, ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Na praza Cabo da Grixa atoparás unha placa sinalando o lugar de nacemento do poeta e na rúa Virxe da Barca, a casa onde viviu identificada cunha lousa de pedra na beirarrúa. Un pouco máis adiante (Casa das Beiras) atoparás a sede da Fundación Gonzalo López Abente, creada para a posta en valor da memoria do poeta. Mesmo hai deseñada unha ruta literaria.

Ligazóns

Descargas

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía