Despedidas eternas

Muxía é un lugar idóneo para despedidas eternas que se repiten solpor tras solpor.  A carón do litoral ou en cumios de fácil acceso atoparás lugares máxicos para ver morrer o sol rodeado dunha atmosfera e dunhas cores espectaculares nos días de mellor tempo.

Busca o ocaso na punta da Buitra. No alto do monte Facho (309 m), coa praia de Lourido aos teus pés e a península de Muxía debuxándose pola escuma das ondas. Tamén no monte do Corpiño (68 m), onde algún solitario peregrino chega dende os albergues da vila para ver por primeira vez na súa vida un atardecer fundíndose no mar.  

Os coídos de Cuño e de Moreira ofreceranche centos de cómodos asentos, cada un mellor que o anterior, para buscar a mellor posición ata o lusco fusco. Tamén Nemiña. A súa area branca e fina, case de azucre, invita a relaxarse nesta hora do día...

Panorámicas con historia

E se ademais queres adentrarte na historia da vila, sube ata o alto da Carrúa, situado na estrada que vai de Muxía a Moraime (AC-440). Á altura da entrada do monte de san Roque, colle un desvío á man dereita onde hai un depósito da auga. O camiño que se adentra no bosque vai ata unha mámoa e ata a Pedra da Forca. Aquí, os monxes de Moraime, con poder xurisdicional sobre a Terra de Nemancos, aforcaban aos condenados para, dunha forma exemplificante, dicirlles que visen por última vez o mundo que ían perder pola súa propia culpa. Hoxe, é un miradoiro excepcional sobre a panorámica da vila.

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía