O tempo sigue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan. Muxía recibiu e recibe a innumerables viaxeiros. Moitos veñen por motivos relixiosos; como os de camiñar ata o santuario da Nosa Señora da Barca; a onde tamén chegan os peregrinos que completan o Camiño Xacobeo desde Fisterra. Tamén ata aquí chegaban os bilbilitanos dende a localidade aragonesa de Calatayud. No Medievo traían cordas para os barcos de Muxía e levaban de volta pezas de congro dos secadoiros da ribeira que aínda hoxe transforman en delicatessen para o padal. Xa nos nosos tempos, o camiño a Muxía foi percorrido polos voluntarios que axudaron durante o afundimento do petroleiro Prestige.
Esta intensa relación co Atlántico a través do tempo e das súas diversas circunstancias económicas converten ao mar de Muxía no protagonista principal dunha historia que continúa e se adapta con cada pegada no camiño. O proxecto “Muxía, camiñando cara ao mar”, financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira GAC 3 da Costa da Morte, pretende ordenar e poñer en valor estes recursos existentes, así como tecer novas redes para dalos e coñecer diferenciando os valores locais para o desenvolvemento do municipio.
Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.
Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!
Ampliar información